O vicevoceiro popular afirma que “é unha falta de respecto aos lucenses e aos policías” que veña Grande Marlaska a Lugo e que pase por alto esta infraestrutura conformándose con “manifestar que para o PSOE é unha prioridade.
O popular razoaba que “os lucenses merecen respostas, non só declaracións baleiras de contido” engadindo que “se de verdade fose esencial para os socialistas facer a nova Comisaría en Lugo o Ministro tivo onte unha oportunidade magnífica para concretalo tal e como si fixo ca de Monforte de Lemos”
- Rozas poñía en tea de xuizo o peso do PSOE local co goberno de Sánchez e lamentaban a falta de colaboración dos seus con esta dotación manifestando que “son incapaces de xestionar e conseguir compromisos firmes en temas importantes para a cidade como este”
- Hai que lembar que o PP presentou como alternativa para a nova Comisaría o edificio de Obras Públicas da Ronda da Muralla e dende o PSOE as parcelas de Abella e O Castiñeiro. Dende o PP reiteran que “dende o primeiro momento amosamos a nosa predisposición a calquera alternativa sempre que sexa áxil a construción e cubran as necesidades dos lucenses e dos axentes de policía.