O PP Lugo critica que a nova alcaldesa presuma de proxectos «que levan 5 anos en trámite» e que «quedarán anticuados antes de que funcionen»

por Redacción Lugo

Enrique Rozas cuestiona o anuncio da posta en marcha do sistema de control de acceso ao casco histórico “Alvarellos minte cando di que vai funcionar porque non están volcadas as matrículas das persoas autorizadas para que se poida probar e, por riba, a actual ubicación das 7 cámaras non servirá cando se implanten as Zonas de Baixa Emisión”

  • Alvarellos, como Lara, minte aos veciños cando di que porá en marcha o sistema de acceso ao casco histórico xa que sabe que “parte da infraestrutura que está montada será inútil e quedará anticuada porque hai que compatibilizarla coa futura posta en funcionamento coas zonas de baixas emisións que suporá novas localizacións para as cámaras”
  • Rozas poñía como exemplo que “a cámara que está na rúa do Progreso tería que ubicarse no Gran Teatro e o mesmo sucederá con outras como a da rúa Armañá; porta de San Fernando e a de Vispo Odoario …”
  • O popular tamén advirte que, a estas alturas, o goberno local non ten nin volcados os datos das matrículas dos residentes do recinto amurallado cando “sen a información das matrículas dos coches autorizados non se pode coñecer se o sistema responde axeitadamente xerando as infraccións de xeito automático tal e como figuraba no proxecto”
  • No PP preguntarán se as obras que están facendo agora de peonalización  deixan a previsión de canalizacións xa que se hai cambios de ubicación das cámaras lectoras de matrículas terán que levantar o pavimento recen colocado para meter a nova infraestructura

CRONOLOXÍA PROXECTO CONTROL ACCESO CASCO HISTÓRICO

  • Máis de cinco anos agardando por este  proxecto por importe de 253.744,99€ e que a día de hoxe non  se pode poñer en marcha porque falta infraestrutura e o material xa está obsoleto.
  • Este proxecto conta cunha acta de replanteo asinada o 18 de novembro de 2018,  foi adxudicado en xaneiro de 2020  e as obras non comezaron ata outubro dese mesmo ano.
  • En setembro de 2021 anunciouse que ía entrar en funcionamento o novo sistema, en outubro do 2022 se informou que xa estaba funcionando cando no era así, e que a día de hoxe segue sen funcionar; o prazo de garantía remata en 2025.
  • Este proxecto de renovación do sistema de control de acceso con cámaras é outro exemplo dos proxectos fallidos do goberno local de Lugo que DERROCHA en obras que fracasan e que non son capaces de poner en marcha por FALTA DE XESTIÓN.

SENSORES DE APARCAMENTOS SEN ESTRENAR

  • O edil popular explicou que esta non é a única actuación en mobilidade que nunca chegou a funcionar “o  sistema de axuda para aparcamento con sensores instalado no aparcadoiro de edificio administrativo do seminario e en en Rodríguez Mourelo e García Portela, executado con fondos europeos do Smart City, tamén está sen estrenar”.
  • Os sensores que se colocaron en xullo do ano 2020  tiñan por obxecto localizar unhas 200 prazas libres a través dunha aplicación móvil e supuxo un gasto de 267.000€.
  • Dende que en xullo de 2020 se colocaron estos sensores non se soubo nada máis sobre este tema”, por este motivo o Grupo Popular que presentarán preguntas a comisión para que o goberno local aclare “se se van poñer en funcionamento en algún momento ou se pola contra o investimento feito non serviu para nada”
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario