A formación denuncia a súa exclusión na cobertura electoral do informativo do sábado.
A formación morada realizou este sábado 3 de febreiro un acto na cidade de Ourense que contou coa participación do deputado no Congreso Javier Sánchez Serna e voceira estatal Maria Teresa Pérez, que non recibiu cobertura algunha dos informativos da casa, que si incluíron, non obstante, ao resto de formacións que se presentan: PP, PSdeG, BNG, Sumar e Vox.
Dende Podemos Galicia denuncian que a Xunta Electoral concede os mesmos dereitos electorais a súa candidatura que a de Sumar, e superiores á Vox, en atención aos resultados obtidos nas eleccións xerais do 23 de xullo en Galicia. Non obstante, a cobertura informativa incluír a ambas candidaturas, non así á fornación morada, segundo denuncian.
Dende a formación afirman que a propia Xunta Electoral recoñeceu estes dereitos electorais, en virtude dos cales a ex concelleira coruñesa candidata Isabel Faraldo, candidata da formación, participará esta noite no debate da CRTVG.
Podemos Galicia, únese desta maneira ás críticas vertidas en redes sociais por parte de Roberto Lakidain, uno dos nove conselleiros que forman parte do Consello de Administración da Corporación de Radio e Televisión Española que acusou a Corporación de «faltar ao principio de igualdade e neutralidade» a traves da rede social X.