A Casa da Cultura / Conservatorio de Arzúa acolle hoxe un mitín do PP

por Redacción Galicia

O Partido Popular de Arzúa convoca á asistencia da veciñanza do concello e concellos da contorna este martes, ao mitin do Partido Popular, dentro dos actos de campaña das Eleccións Autonómicas ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro.

Celebrarase na Casa da Cultura / Conservatorio de Música (Rúa Santiago, 60, Arzúa) ás 21:00 horas, e no mesmo participarán:

Rafael Rivadulla: Voceiro do PP de Arzúa.

Ánxeles Vázquez: Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Voceira provincial do PP. Número 3 da lista ás eleccións autonómicas pola provincia da Coruña.

Paula Prado: Secretaria Xeral do PPdeG e voceira suplente parlamentaria do PPdeG. Número 2 da lista ás eleccións autonómicas pola provincia da Coruña.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario