A Deputación da Coruña financia 112.000 horas de axuda no fogar e contrata a 34 profesionais da área social nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal

por Redacción A Coruña


O presidente demanda un maior investimento da Xunta para colaborar cos concellos no financiamento da atención á dependencia e os servizos de axuda no fogar

A Coruña, 6 de febreiro de 2024. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitaron hoxe o Concello de Neda para coñecer de primeira man os servizos sociais do municipio que funcionan con financiamento da institución provincial.

Acompañados do alcalde Ángel Alvariño, Formoso e García mantiveron un encontro co persoal  que traballa na área social do Concello e  cun grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do municipio, no que se interesou polo seu traballo diario e as súas condicións laborais.

Formoso destacou que, nos concellos de menos de 20.000 habitantes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a Deputación financia este ano 111.962 horas de SAF de libre concorrencia e contrata a 34 profesionais da área social. Entre eles, destacan Neda con 16.200 horas/ano, o concello que máis horas solicita en toda a provincia; Ares, con 13.000 horas e As Pontes, con 10.300 horas.

O presidente provincial destacou a importancia do traballo que realizan as coidadoras, «un servizo esencial para coidar dos nosos maiores nos concellos máis pequenos e rurais, para permitirlles ter unha vellez digna e tranquila, seguir vivindo nas súas casas e favorecer tamén a conciliación laboral das familias».

Formoso destacou o compromiso da Deputación con este eido e reclamou un maior investimento por parte da Xunta de Galicia, que ten as competencias en materia de política social e atención á dependencia. «As achegas por parte da Xunta son escasas para soster o sistema de dependencia, que é o cuarto pilar do estado de benestar, do que dependen tantos miles de familias en Galicia», afirmou.

A portavoz das traballadoras do SAF de Neda, Cecilia Pantín, agradeceu o interese pola situación do colectivo e destacou que «o queremos conseguir, coa axuda das administracións, e que a xente maior estea mellor atendida sen que os nosos dereitos laborais e a nosa saúde física estean en perigo. É moi importante que todas as administracións nos escoiten e nos apoien», afirmou.

O alcalde, Ángel Alvariño, agradeceu o apoio da Deputación aos servizos sociais municipais e destacou que «a atención aos nosos maiores é unha prioridade, de ahí que destinemos un 25% do noso orzamento á dependencia e servizos sociais». «Estamos moi orgullosos da labor que fan as traballadoras», apuntou.

A Deputación vén de publicar no BOP o Plan de Servizos Sociais Comunitarios 2024, cun investimento total de 8,3 millóns de euros, que permitirá cofinanciar cos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia a prestación de preto de 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de 178 profesionais especializados no ámbito social para atender as necesidades das persoas máis vulnerables.

O presidente da Deputación destacou que «a Deputación reforzou nos últimos anos este programa que fai posible mellorar a calidade de vida de miles de persoas e que toda a cidadanía teña acceso a servizos sociais profesionais, incluso nos concellos máis pequenos», afirmou.

Axuda a domicilio

A demanda de servizos de axuda no fogar incrementouse notablemente nos últimos anos. A Deputación financiará durante 2024 un total de 395.804 horas deste servizo, unha prestación esencial para a atención de maiores nos pequenos concellos. coruñeses A cifra supón un incremento de 120.000 horas con respecto a 2020.

Ademáis, a través doutros programas provinciais como o POS Social, creado durante a pandemia, os concellos poden incrementar os fondos que destinan a financiar a axuda no fogar.

En 2024, a Deputación financiará 111.961 horas de SAF da área de Ferrolterra, Eume e Ortegal, 67.342 horas nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, 50.034 nos do Barbanza, 75.151 nos de Bergantiños e Costa da Morte, e 91.314 nos de Santiago.

O programa financia a contratación de 178 profesionais do eido social

O programa de servizos sociais tamén permitirá a contratación de 178 profesionais especialistas do eido social. Persoal que cada día atende a miles de cidadáns, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.

O programa financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). O persoal poderá ser contratado tamén a media xornada.

Estes ano, a Deputación financiará a contratación de 37 profesionais nos concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca da Coruña, 19 na comarca do Barbanza, 35 na de Bergantiños-Costa da Morte, 34 nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 53 na comarca de Compostela.

CONCELLOS DA COMARCAPERSOAL CONTRATADO NOS SERVIZOS SOCIAISHORAS DE AXUDA NO FOGARINVESTIMENTO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
ARES213.000,00196.000,00
CABANAS26.054,75112.657,00
A CAPELA02.500,0030.000,00
CARIÑO27.646,00135.752,00
CEDEIRA23.492,9181.914,92
CERDIDO12.000,0042.000,00
FENE35.688,17130.258,04
MAÑÓN16.500,0096.000,00
MOECHE12.000,0033.000,00
MONFERO05.000,0060.000,00
MUGARDOS25.864,63114.375,56
NEDA216.200,00223.400,00
ORTIGUEIRA55.000,00166.000,00
PONTEDEUME38.443,50167.322,00
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ210.300,00167.600,00
SAN SADURNIÑO21.150,0053.800,00
AS SOMOZAS11.750,0039.000,00
VALDOVIÑO23.600,0083.200,00
VILARMAIOR15.772,0091.264,00
TOTAL COMARCA34111.961,962.023.543,52
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario