Raquel Arias: “Queremos seguir avanzando en igualdade e fomentando o emprego feminino”

por Redacción Lugo

A popular lembrou que “o Goberno galego ten impulsado notables avances dirixidos a alcanzar unha sociedade igualitaria” e destacou “o incremento do número de mulleres traballando”, así coma o investimento de 23 millóns de euros para fomentar o emprendemento feminino

A candidata do PP lucense, Raquel Arias, reivindica que “nos últimos anos o Goberno galego logrou importantes fitos en materia de igualdade”. De feito, “ten impulsado notables avances no marco normativo, posto en marcha distintas iniciativas dende un punto de vista transversal e dirixido importantes investimentos a medidas dirixidas a alcanzar unha sociedade igualitaria”.

A popular lembrou durante a súa visita ao obradoiro de galletas artesáns e personalizadas La Más Dulce, en Monforte de Lemos, acompañada polo deputado nacional Francisco Conde, o programa Emega para o fomento do emprendemento feminino a través do que a Xunta apoiou a máis de 1.500 mulleres con máis de 23 millóns de euros. “Galicia dispón hoxe en día de preto de 60.000 mulleres máis traballando que cando o Partido Popular chegou ao Goberno no ano 2009”. E, ademais, sinalou que “a fenda salarial se reduciu en máis de seis puntos”, engadiu.

Arias reafirma “o compromiso do Partido Popular coa igualdade” e asegura que “queremos seguir traballando para lograr unha Galicia con igualdade de oportunidades para homes e mulleres”. Nese sentido, entre os proxectos para a Galicia dos vindeiros catro anos Rueda propón:

  • fomentar a flexibilidade laboral
  • poñer en marcha axudas para a obtención de permisos de condución a mulleres desempregadas maiores de 45 anos que vivan no rural para fomentar a súa empregabilidade
  • incrementar as axudas para o acceso das mulleres á actividade agraria e á titularidade das explotacións agropecuarias
  • aprobar o estatuto da muller rural e o estatuto da muller do mar poñendo en valor o seu papel nestes ámbitos
  • crear o premio ‘Muller Emprendedora’ para visualizar e consolidar o talento feminino e continuar a dar apoio e titoría a través da rede de polos de emprendemento
  • aprobar a estratexia para o impulso do emprego feminino de alto valor engadido en favor da igualdade, fundamentalmente, en ámbitos masculinizados
  • colaborar co tecido empresarial para fomentar o ascenso de mulleres a postos directivos e de decisión

CONCILIACIÓN

A candidata ao Parlamento galego tamén subliñou que “o proxecto de Alfonso Rueda para Galicia ten moi presente que, para acadar a igualdade en tódolos ámbitos, é fundamental facilitar a conciliación da vida laboral e familiar”. E, nese sentido, “somos a única comunidade con educación gratis de 0 a 3 anos” e, ademais, “a Xunta está a achegar servizos de conciliación en todo o rural a través das casas niño e as casas do maior”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario