A borrasca atlántica Karlotta, que é a undécima da tempada 2023-24 no suroeste de Europa, trouxo récords históricos de choiva en Pontevedra e vento en Ceuta, así como refachos tempestuosos -é dicir, polo menos 120 km/h- en zonas de nove provincias e ondas de case sete metros na mar que baña as costas de Pontevedra.
En Lugo, na Estación meteorolóxica de O Xistral , Concello de Muras, bate o record máximo de refacho de vento con 91,8 km/h .
No alto do Xurés, Concello de Muiños, na provincia de Ourense rexistra o máximo de hoxe en precipitacións axumuladas con 14,8 Litros/metro cadrado.
Hoxe en Galicia temos aire frío e chuvascos. Moita precaución nas estradas, porque teremos sarabia e neve arredor dos 800 m. No mar, ventos de forza 7-8 e ondas por riba dos 5 m.
Foto portada. María Rozamontes