O PP critica a utilización partidista do Cuartel de San Fernando  «cada campaña electoral, o PSOE repite mil veces unha mentira intentando convertila nunha verdade»

por Redacción Lugo

A imposibilidade por parte da alcaldesa de conseguir fondos europeos impediu consolidar o acordo que Xunta e Concello alcanzaron no ano 2022

  • O PP afirma que “cinco anos despois de que Lara Méndez anunciase que faría con fondos propios o Museo da Romanización agora se desdice”  ironizando o “pouco interese que demostra Besteiro polo Cuartel de San Fernado: nin asiste ao encontro coa plataforma MVRO pese a estar confirmado”
  • O Grupo Municipal do PP replica ao PSOE que quen incumpre acordos son eles mesmos e lembra como en 2019 adquiriron un compromiso formal no salón de plenos da casa do Concello coa mesma plataforma coa que onte se reuniu.
  • Tal e como figura nas hemerotecas, a promesa que fixo Lara Méndez, a que hoxe é candidata do PSOE, á plataforma MVRO, era facer o Museo da Romanización con fondos propios.
  • Os populares desminten as acusacións dos socialistas á Xunta e lembran que en 2022 acadouse un consenso de que a administración autonómica colaboraría no Plan Director e na musealización, quedando á espera da cantidade final que se obtería de fondos europeos
  • A realidade é que o goberno local incumpre o pactado coa Xunta: a primeira das solicitudes de fondos europeos denegáronlla e, na segunda liña, o Concello renunciou a presentarse.
  • En resumo a incapacidade do bipartito local de conseguir financiamento europeo impide consolidar o acordado o 24 de outubro de 2022 nunha reunión celebrada a dúas bandas.

UN POUCO DE HISTORIA

  • Os populares lembran que foi o Partido Popular, cando Joaquín García Díez era alcalde, quen negociou o cuartel de San Fernando para facer un auditorio para Lugo, deixando incluso un proxecto feito. Sen embargo o bipartito, en época de Orozco, decide abandonar o cuartel e que o novo auditorio se construise en Magoi (un edificio que, por certo,  segue pechado case catro anos despois de que teñan as chaves do edificio pechado”).
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario