A Secretaria de Organización do PsdeG provincial e Alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, xunto ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; subliñou este luns que o Goberno de Pedro Sánchez triplicou os investimentos na provincia con respecto aos últimos cinco anos do Executivo de Rajoy.
“Sumando este esforzo investidor ao de Besteiro na Xunta de Galicia, esta provincia collerá un ritmo imparable que porá fin a 15 anos de abandono do PP”, subliñou García Porto, quen mantivo un econtro coa veciñanza de Antas.
Nese sentido, a socialista recalcou que “os concellos pequenos temos no Goberno do Estado un aliado fundamental para poder mellorar os servizos, crear emprego e fixar poboación”. E engadiu que “falta, como sempre, a Xunta do PP, que non fai outra cousa que afogar aos municipios, transferíndolles competencias sen dotalos dos recursos económicos suficientes e facendo un reparto dos fondos públicos partidista e sectario”.