O deputado do BNG traslada as queixas da veciñanza que alertou dos danos nas vivendas próximas cando se usa maquinaria pesada
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha iniciativa para demandarlle ao Ministerio de Transportes que se adopten medidas polo impacto e os danos que as obras están a causar nas vivendas próximas ás obras de mellora da seguranza viaria no cruce da N-VI en Guísamo.
Rego lembra que en maio de 2022, «despois unha década de reivindicacións da veciñanza, apoiadas polo BNG, o Ministerio de Transportes adxudicaba por fin as obras para mellorar a o cruce entre a N-VI e a estrada de Ferrol á altura de Guísamo, no concello de Bergondo, para eliminar un punto negro de alta sinistralidade».
As vivendas deben ser reparadas
Coas obras en marcha en 2023, a veciñanza alertou de efectos nas vivendas cando se emprega determinada maquinaria: as vivendas vibran, o que levou a aparición de danos tais como fendas, caída de revestidos de alicatados, .. . De momento, hai unha ducia de casas afectadas que foron visitadas polo voceiro municipal en Bergondo, David Carro, quen escoitou as reclamacións dos veciños e das veciñas.
Este problema púxose en coñecemento dos responsábeis da empresa e tamén do concello «sen que se adoptasen medidas nin se efectuase unha inspección dos desperfectos causados».
O deputado do BNG deixa claro que en ningún momento se cuestiona a necesidade destas actuacións, longamente demandadas, mais «é de xustiza que se lles garanta que as súas vivendas fiquen no mesmo estado que tiñan antes das obras».
A zona precisa unha correcta iluminación e sinalización
Outra cuestión que se pon enriba da mesa é a escasa iluminación desta zona en obras e a deficiente sinalización, algo que é preciso corrixir.
Rego pregunta ao Ministerio se vai adoptar medidas para solucionar este problema nas vivendas e demanda que se reparen os danos nas vivendas afectadas unha vez finalizada a actuación. Ademais, solicita que a correcta iluminación e sinalización das obras para evitar accidentes.
Sr.Rego ,copie del Alcalde de Oleiros y póngase un traje de torero visitándo la zona de Guísamo
para ser visto allí haciéndo algo útil llamándo la atención de todos que sirve más que subirse a
la tarima con pinta de Obispo ,sin aclarar nada.