Carta a 21noticias. O BNG esixirá o dereito á autodeterminación se goberna

por 21 Noticias

Comezan a saltar os medos nos cidadáns xa que o BNG leva no seu programa e ten como eixe fundamental o dereiro á autodeterminación para xerar unha Galiza libre e independente cunha condición de nación e cuns postulados lonxe do concepto de España. O seu camiño vai aparellado o plantexamento de suxeito político coa decisión de seguir o camiño de Cataluña e un tanto máis verde aínda no País Vasco, con socios directos como ERC, BILDU e certos postulados de JUNTS. 

Ademais a diferenciación co territorio nacional, pasará pola esixencia e imposición directa do galego en todos os ámbitos da sociedade, cun especial adoutrinamento nos colexios dende as primeiras idades e apremiando e tamén premiando a todos aqueles que teñan o galego como prioridade e se separen do castelán.  A independencia económica, algo inviable é outra das prioridades, sentimos medo os cidadáns. 

Aspectos como a tarifa eléctrica galega ou os sectarismos claros no entorno da cultura, como a petición do carné practicamente para calquera actividade, marcan un camiño de medo, tensión e preocupación entre os galegos. 

José Manuel Pérez Pérez. 

Comparte éste artículo
1 Comment