As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Camariñas queren denunciar a situación na que se atopan, xa que a empresa que leva a cabo a xestión do servizo dende xuño de 2022 (SOCISER GALICIA, S.L.U.) non lles actualizou os salarios no ano 2023 e tampouco aplicou a suba a principios de 2024, conforme ao que establece o convenio colectivo de Axuda no Fogar de Galicia. No ano 2023 tiña que aplicar dita suba salarial conforme ao IPC do ano 2022, que foi un 5,7%, e tan só o subiu nun 3,5%, e para o ano 2024 tería que aplicar a subida do IPC de 2023, que foi o 3,1%, e tampouco o fixo.
A empresa pon como excusa que o concello tampouco lle quere actualizar o prezo do contrato, e que por elo non poden facer fronte aos custes salariais que suporían aplicar ditas subas salariais, xa que o prezo da adxudicación do contrato, cun prazo de vixencia dun ano prorrogable de ano en ano até un máximo de dous anos máis a opción do propio Concello, ao remate da vixencia inicial, foi calculado conforme as taboas salariais do ano 2019.
O pasado 1 de febreiro a representante das traballadoras, Diana Touriñán Figueroa xunto a dous representantes da Federación Provincial de Servizos Públicos de UGT-A Coruña, que ten a representación no SAF de Camariñas dende novembro de 2023, mantiveron unha xuntanza na Casa do Concello coa alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais, na cal se lles fixo coñecedores desa situación, a cal levoulles a ter que presentar por parte de cada unha das traballadoras (na actualidade son 25, das cales 23 son Auxiliares de Axuda no Fogar que se ocupan da atención directa das persoas usuarias do servizo, e outras dúas con funcións de coordinación) sendas demandas individuais, ademáis dunha demanda colectiva, a través da asesoría xurídica de UGT, para reclamar o abono da débeda que froito desa inaplicación das subas ten contraído a empresa con cada unha elas, interromper a súa precrición, e que se apliquen os incrementos do IPC conforme establece o seu convenio colectivo.
Nesa xuntanza se instou ás responsables municipais que é necesario sacar uns novos pliegos que recollan a realidade do servizo no concello e os custes actualizados do mesmo para evitar que no sucesivo, a empresa que resulte adxudicataria non poda ter ningunha excusa para non aboar os salarios conforme a legalidade. E nese senso, se lle pediu ás representates municipais, que saquen unha nova licitación do servizo para que despois de xuño deste ano, que é cando remata esta primeira prórroga actual, xa poda estar adxudicado o novo contrato, xa que de ser prorrogado o actual por un ano máis, este problema alongaríase no tempo, como xa puxeron de manifestó os responsables da actual adxudicataria do servizo. Por parte do concello se informou a súa intención era sacar un novo concurso para licitar o servizo de axuda no fogar e que xa estaban traballando neses novos pliegos, os cales esperaban telos listos ao longo deste mes de febreiro, e invitaron á representante das traballadoras a recoller as suxerencias e aportacións que por parte das traballadoras se lles poidera trasaladar. Ademais se trataron outros cuestións que están a ocorrer, como o excesivo número de contratos a tempo parcial, a meirande parte deles con porcentaxes de xornadas moi baixos: tan só hai tres auxiliares con contrato a xornada completa, e 9 delas teñen contratos con xornadas inferiores ao 70% desa xornada completa, todo elo, nun concello onde hai unha elevada lista de espera de demandantes do servizo agardando a que se dean nova altas. Tamen se lles trasladaron outros temas laborais relacionados coa xestión do servizo que compre