O xurado estivo formado por Noelia Pardo Fernández, José Antonio Ayán, e José Manuel Núñez Blázquez
Un ano máis polo martes de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. As e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.
A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías nas que os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos. Nas personaxes nas que se inspiraron as persoas participantes lucenses tiveron, de novo, un enorme peso a reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Durante a deliberación do xurado, formado por Noelia Pardo Fernández, profesora e representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; José Antonio Ayán, membro da asociación cultural Curuxan, conserxe na USC e José Manuel Núñez Blázquez, artista plástico, presidente da asociación Ágora Cultural e director de Velaí Tes Teatro.
O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 5 adultos. Nesta categoría establecéronse tres premios e dous accesit e os agraciados foron os seguintes:
– «‘A raíña dos Anxos», cun premio de 50€
– «A diva do póquer», cun premio de 50€
– «A dama da plumaxe», cun premio de 200€
– «Batman, o cabaleiro escuro», cun premio de 300€
– «O cazador da xungla», cun premio de 500€
Na categoría de disfraces por parellas repartíronse os seguintes premios, con 5 accesit:
– «Saw», cun premio por valor de 100€
– «As cartas sobre a mesa», cun premio por valor de 100€
– «As Salvaxes», cun premio por valor de 100€
– «Mamá, eu quero a Minie», cun premio por valor de 100€
– «Peliqueiras de refugallo», cun premio por valor de 100€
– «La costurera y el sastrecillo», cun premio por valor de 300€
– «Peliqueiro ou cigarrón, é Galicia, é tradición», cun premio por valor de 400€
– «A colleita de Peter Rabbit», cun premio de 600€
O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.
Os premios repartíronse do seguinte xeito, con 3 accesit:
– «Somos Bratz», cun premio por valor de 200€
– «De que vamos?», cun premio por valor de 200€
– «Gru e os Minions», cun premio por valor de 200€
– «As abellas vs Velutinas (pequenas pero esenciais), cun premio por valor de 600€
– «Os vikingos outeriranos», cun premio de 800€
– «Meigallos», cun premio de 1.100€