Os populares reclaman accións para solventar problemas de mobilidade, insalubridade ou de mantemento  de diferentes servizos

por Gonzalo Soto

PROBLEMAS DE INSALUBRIDADE: POMBAS

Problemas en ABELLA pola PRESENZA DE POMBAS na contorna dun edificio que está provocando problemas de insalubridade.

Pedimos información sobre si se está adoptando algún tipo de medidas dende o concello

CULTURA E PATRIMONIO

Pedimos información sobre o futuro das VENTÁS ARQUEOLÓXICAS DA RÚA DOUTOR CASTRO que ofrecen unha mala imaxe aos visitantes xa que a maior parte do tempo hai cubos ou lonas sobre os mosaicos para recoller a auga que se filtran

MOBILIDADE E SEGURIDADE VIAL

Rogo para que se realicen os traballos oportunos co fin de minimizar os danos no itinerario alternativo durante as OBRAS DO CASCO HISTÓRICO dado o deterioro que  está a xerar o paso de vehículos por zonas peonís xerando situacións de perigo para os usuarios.

Ponse riba da mesa a situación de INSEGURIDADE VIARIA que hai na rúa Monte Pena Rubia no BARRIO DE CASÁS e se pide ao goberno que explique se ten previsto mellorar a drenaxe deste vial.

Na súa vaguada acumulase auga debido á escorrentía que procede dunha fonte que cando chove provoca balsas de auga que son moi perigosas para a circulación viaria e de peóns.

DEPORTES

Queremos saber en que situación se atopa o compromiso do goberno local cos afeccionados ao TIRO OLÍMPICO sobre a cesión o uso duns terreos municipais no entorno de Castelo, concretamente na parte traseira das instalacións da Xefatura Provincial de Tráfico, para a práctica deste deporte.

ZONA RURAL

–         O arranxo da fochancas da pista do camiño Agra de Muxa e tamén da dun gran socavón na rúa Xoán Rico Pérez

–         Hai que buscara unha solución para a taxea que hai  no camiño da Costa que une a Igrexa de San Láraro e a Louzaneta ten unha gran profundidade o que supón un perigo para os vehículos que aparcan na zona.

–         Pedimos información sobre de augas residuais que hai en Meilán xa que a estación de bombeo situada nesa parroquia. Cando chove moito satúrase provocando vertidos cara ao río.

–         Colocación dun cartel que caeu na Praza San Pedro Fiz de Muxa ,

EDUCACIÓN

  • Para esta comisión de pleno tamén se inclúen dous rogos con propostas encamiñadas a mellorar cuestión de mantemento nos colexios de Anexa e o CEIP Manuel Mallo Mallo

OUTROS

–         Prometeron repoñer os desfibriladores que foran vandalizados para cando

–         Preguntas sobre o estado da fonte situada en Alfonso X o Sabio que foi rehabilitada e que se atopa nun estado deplorable.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario