Recuperan o corpo sen vida dunha muller afogada no peirao de Vigo

por Óscar de Souto

O corpo da falecida foi rescatado do peirao de A Laxe polos bombeiros de Vigo a bordo dunha embarcación.

Foi un particular o que contactou co 112 Galicia ás 00:40 horas da madrugada de onte día 13, martes, informando da aparición dun corpo no mar preto do peirao. Segundo comentaba, estaba visualizando o corpo dunha persoa.

Axiña, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso do sucedido a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo, os cales encargáronse de rescatar o corpo da muller a bordo dunha embarcación. A maiores, tamén foron informados a Autoridade Portuaria de Vigo, os axentes da Policía Nacional, da Policía Local e da Guardia Civil, así como os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo.
A primeira vista non presentaba signos evidentes ou visibles de violencia segundo informa Policia Nacional.
Dende Sos Desaparecidos Vigo tamén nos confirma o coordinador Wenceslao Yañez Barreiro que este caso non garda relación coa moza de 15 anos desaparecida que aínda segue a súa búsqueda activa dende a súa ausencia na tarde do sábado día 10, Laura Gisella, en Pontevedra, segundo lle puideron confirmar as autoridades pertinentes.

Con todo, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario