A vicesecretaria xeral do PSOE e vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero, mantivo un encontro coas agrupacións socialistas da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte, no que insistiu na necesidade “dun cambio na Xunta de Galicia que só será posible da man do partido socialista”.
“Besteiro es una persona que tiene a Galicia en la cabeza, con un proyecto en sanidad, educación, dependencia, atractivos para los jóvenes y también para los mayores. Espero que se movilice toda la gente socialista el próximo domingo, especialmente las mujeres, para conseguir una Galicia más feminista, ecologista y social”, sinalou Montero.
Participaron neste acto representantes das distintas agrupacións locais, así como integrantes da candidatura socialista na provincia, entre elas, Patricia Iglesias, número 1 pola Coruña.
“O proxecto de Besteiro non se esquecerá da Costa da Morte nin da comarca de Bergantiños. Por iso o voto ao seu proxecto será o único voto útil”, insistiu a cabeza de lista na provincia, quen agradeceu a participación da vicepresidenta do Goberno, “unha muller que é un referente”.