Periga a base do ensino galego, co sectarismo preparado por unha rede de inspectoras de educación no camiño de varias direccións a prol do BNG 

por Andrés S. Queiruga

Nas últimas datas, cecais polo proceso electoral en xogo en Galicia, semella que hai algúns intereses para aproveitar os baleiros que pode ter a administración autonómica, a Xunta de Galicia ou a que algúns din da Galiza, e unha das caceroladas leva nomes e apelidos dalgunhas inspectoras de educación nas provincias da Coruña e de Lugo para conseguir por parte de xente súa as direccións de centros educativos.

Hai mes e medio, unha comida no Concello de Brión preto de Santiago, marcou a folla de ruta para ir preparando o terreo e ter incidencia nas decisións do BNG, se son capaces de chegar á Xunta. É mester dicir, que cómpre aclarar que nun principio non é un movemento do Bloque Nacionalista Galego, como bloque ou conxunto, senón que é un movemento de persoas militantes ou afíns, para ter forza e cota de poder no caso de darse o cambio na Xunta, entendo que Pontón ou Rodil, nada deben saber do tema. ¿Que opinarán ao respecto? Serán cómplices ou condearán os feitos… Aínda que claro, claro non está.

O dedo sinalador fala de movementos en varias direccións na provincia da Coruña, algunhas delas con directores accidentais e outras nas que toca o proceso de renovación dende Abril en diante. A estratexia, consiste en minar dende dentro, tensionar aos centros, deixar vendidos aos actuais directores para debilitalos como paso previo á saída e traballar en paralelo para evitar que chegue a información que ten que chegar ao Inspector Xefe e nesas, provocar un proceso no que se coloque practicamente a dedo a quen queren. Parece un mercadeo, pero a realidade, dista, xa que se xoga cos pícaros e coas súas familias. Esa cota de poder, estaría relacionada con esixir certo repartimento de cotas nos cargos a repartir na provincia, máis todo semella que a finalidade é calquera menos a educativa. Nas últimas datas, chamadas para o ofrecemento de certas direccións e tamén de Asesorías vinculadas á innovación, a polos creativos e de bibliotecas escolares, activa os fantasmas de cousas a calquera coste, custe o que custe. 

Na zona do sur de Pontevedra, houbo unha serie de movementos para crear un bloque activo, pero os diferentes entornos da UPG e neste caso a través do mundo da cultura, as conexións de certas zonas da contorna da Cañiza con Ourense e co propio e bautizado xa como encontro de Brión, desactivouse, dada a voracidade dalgúns comportamentos. Nesta provincia, quizais onde o equipo da administración, ten máis veteranía, semella máis complexo crear redes clientelares internas. Moitas inquedanzas e tensións, polo de agora subterráneas. Na contorna de Vigo, neste caso si con certo vencellamento á CIG, están localizadas e valoradas máis de 20 posibilidades para facerse co control da zona e especialmente para activar aos seus nunha serie de movementos sen precedentes. Neste caso, a maior parte dos movementos saen de entornos sindicais e con menor forza o servizo de Inspección, malia que hai dúas persoas que se atopan traballando arreo dende dentro e con altas probabilidades de ter pechado algún cargo importante. 

Na veciña provincia de Lugo, unha Inspectora que ten ansias polo poder e que paralelamente prepara tamén oposicións xunto a outro inspector, quere montar o seu feudo e a través de movementos extranos, para o sentido común, pero naturais para ela, ten zonas na Montaña luguesa, onde o comportamento deixa moito que desexar e ten comprometido, mover outras dúas direccións na comarca de Lugo.  Chocan moito algúns comportamentos como algún profesorado, con moitos meses de baixa sen intervención algunha e á vez, preparando oposicións coa citada inspectora. Os movementos perseguen ter unha presenza, con cadansúa forza e tecer unha rede de afíns, namentres é exactamente igual ou ata se propicia a tensión dentro dos centros.  

Serán coñecedores da situación os que teñen que selo? Movementos fortes e bordeando algunhas situacións en varias das provincias, cun foco principal na Coruña e Pontevedra e con ramificacións en Lugo e Ourense coa contorna da Cañiza. 

Cecais a imposición do galego, para laminar ao castelán, unha rede clientelar nas direccións ou o control rigoroso poden sembrar certo malestar no profesorado que ve como pode cambiar a súa situación e se pode trocar o benestar en moitos centros. Segundo chegan algunhas novas, hai unha lista preparada por parte dos sectores que comentamos para apartar das decisións a directores históricos e a persoal vencellado á Xunta que ocupa postos claves.

Por conseguinte, intereses alonxados da realidade do rural ou das ratios que tanto mecen, cunha finalidade clara de con comportamentos sectarios, apartar a todos os que non comulgan cos postulados do BNG. No seguinte capítulo, detalles do encontro de Brión, das xuntanzas nun coñecido hotel na zona de San Lázaro na capital galega e dalgún xantar, con cocido de por medio e merenda nun reservado na provincia de Lugo.

Foto portada CIG 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario