A cabeza de lista do PP lucense recibiu a Alfonso Rueda na cidade de Lugo xunto aos tamén candidatos Javier Arias e Cristina Sanz.
- A popular definiu a campaña como «moi positiva, cunha gran mobilización», e na que «falamos das cousas que preocupan á xente e explicamos as 800 medidas do programa da Galicia de Rueda»
- Fronte ás iniciativas do PP que «apuntalan a continuidade no crecemento e consolidación de dereitos na provincia», os programas doutras forzas recollen medidas como a limitación da plantación de eucalipto, a protección do lobo, a imposición da lingua ou a falta de compromiso con proxectos como Altri
- Durante a visita ao barrio da Tinería subliñou que «o Partido Popular é o garante para que avance na rehabilitación aproveitando instrumentos como a área Rexurbe para converter inmobles abandonados en vivendas»