Ramón Cabarcos explicou que esta proposta debería enmarcarse dentro dunha estratexia máis global para xestionar o patrimonio cultural de Lugo que incluiría a protección, conservación e promoción do noso pasado
- O Partido Popular presenta unha iniciativa a pleno para que o concello interveña de oficio xestionando axudando no financiamento das escavacións nos solares e nos locais que os propietarios poñan a súa disposición para que poidan planificar o futuro das parcelas
- O concelleiro popular Ramón Cabarcos explicou que agora mesmo hai sistemas que permiten verificar “sen ter que meter as pás” se hai algún achado de interese que haxa que preservar e así abordar a xestión do patrimonio cultura na cidade co obxectivo de obter beneficios tanto en termos de coñecemento histórico como de desenvolvemento urbano.
- O que reclamamos é que o propietario ou promotor daquel espazo susceptible de ser obxecto de obras nas que corresponda aplicar ou disposto no artigo 46 do PEPRI, solicitaría a intervención da administración local para levar a cabo un estudo previo e escavación, procédese, dá súa propiedade.
- O Plan de excavacións que presentan os populares sería beneficioso por tres razóns:
1. Avanzaríase no coñecemento da traza historia e do pasado da cidade con acceso a espazos aínda non estudados
2. Potenciaríanse as intervenciones no recinto amurallado xa que propietarios ou promotores terían un maior grao de certeza de existencia ou non de restos arqueolóxicos
- Redución dos custes ao evitar paralizacións de proxectos ou modificacións para contemplar posibles achados
- Cabarcos destacou que esta iniciativa nace co ánimo de, por un lado, abordar a xestión do patrimonio cultural nunha cidade cunha rica historia arqueolóxica e, por outro, de contribuir a que os propietarios se animen a rehabilitar edificios en estado ruinoso do casco histórico xa que son poucos os que se atreven a meterse en obras neles polas trabas burocráticas e a falta de apoio financiero.