Rodil afirmou que a xornada de hoxe será «histórica para Galiza e para a provincia de Lugo»

por Redacción Lugo

A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, votou esta mañá no Colexio Illa Verde da cidade de Lugo. Rodil afirmou que a xornada de hoxe será «histórica para Galiza e para a provincia de Lugo» e chamou a unha gran participación. «Lanzamos a todas o chamamento para que veñan a votar, é un momento decisivo para as galegas e galegos», dixo Daniel Castro.

O candidato do BNG transladou «un saúdo e ánimo ás persoas que toman parte nas mesas electorais e as apoderadas e interventoras, e aos medios de comunicación» para o que queda de xornada electoral.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario