Galicia procura novos mercados para os seus produtos pesqueiros na nova edición da feira internacional Gulfood de Dubai

por Redacción Galicia

Este luns comezou a vixésimo novena edición da feira internacional Gulfood na cidade emiratí de Dubai na que Galicia estará representada cun espazo propio dentro do pavillón adicado a España no recinto. Isto permitirá a participación de 10 empresas galegas apoiadas pola Xunta neste importante evento da industria da alimentación

A cita, que se prolongará ata o 23 de febreiro, contará coa participación de Conservas Cerqueira, Conservas del Noroeste, Conservas Friscos, Conservas Albo, Conservas Mariscadora, Prodemar, Wofco, Cassua, Fesba e Pasteurizados Cíes. Este ano o Dubai Wold Trade Center albergará máis de 5.500 expositores procedentes de 190 países, superando a cifras récord do 2023, constituíndo unha oportunidade excepcional para promocionar a calidade dos produtos pesqueiros galegos e ampliar a súa comercialización nos mercados internacionais.

O Goberno galego subliña a importancia de promocionar os produtos do mar neste tipo de feiras para mellorar a súa comercialización e impulsar a xeración de riqueza e emprego no complexo mar-industria. Unha internacionalización que se reflicte nas cifras récord de exportación do sector que alcanzaron os 2.700 millóns de euros no 2022 e que a tendencia indica que foron superadas o ano pasado, situando unha vez máis ao sector marítimo pesqueiro galego como un referente internacional. Co obxectivo de seguir impulsando estes números reforzáronse nos Orzamentos do 2024 os fondos destinados á dinamización dos mercados, dos produtos de calidade diferenciada e do consumo dos alimentos do mar, un aumento superior ao 30 % ata case os 42 millóns de euros.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario