Refórzase a presenza municipal en redes sociais con tres contas en Instagram (Concello, Xuventude e Turismo), dúas en Facebook (Concello e Turismo) e o servizo de información por WhatsApp
O Concello da Laracha vén de abrir unha nova conta oficial en Instagram, reforzando así a súa presenza nas principais redes sociais.
O perfil do Concello da Laracha (@concelloalaracha) funcionará como un novo espazo de encontro virtual coa cidadanía no que se ofrecerá información de maneira directa sobre a actividade municipal (novas, servizos, actividades, eventos, concursos, etc.). Ademais, a conta tamén fará de altofalante das iniciativas que promova o tecido asociativo larachés co apoio do Concello.
O novo perfil de Instagram do Concello da Laracha complementará aos xa existentes nesa rede social centrados especificamente na Xuventude (@XuventudeALaracha) e Turismo (@turismodalaracha).
Tamén se manterán a actividades das páxinas en Facebook do Concello da Laracha (7.882 seguidores actualmente) e de Turismo da Laracha (3.151 seguidores).
A presenza en redes sociais do Concello complétase coa canle de distribución de información vía WhatsApp, con 1.213 usuarios. Neste caso, para recibir as mensaxes, calquera persoa pode darse de alta neste servizo de xeito gratuíto enviando un WhatsApp coa mensaxe “ALTA” ao 628877667.