Foi unha embarcación de Salvamento Marítimo a que os recolleu e se encarga do seu traslado ao porto de Oza, desde onde serán evacuados.
O 112 de Galicia recibiu o aviso contra as 11:10 horas a través dun particular, que presenciou os feitos desde terra.
Tamén interveñen: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Gardacostas de Galicia, Gardia Civil, Servizo de Emerxencias e Policía Local de Oleiros.
As nosas fontes confirman que os dous ocupantes desa embarcación foron trasladados ao Centro Hospitalario de referencia sen que trascenda, de momento, o seu actual estado de saúde.