O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Casás
Este grupo deu comezo á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos «coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións».
As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.
«Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos», afirmou Cristina López, que engadiu «continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación».