Tractorada en Vimianzo

por Óscar de Souto

A afectación no tráfico rodado na AC-552 entre Baio e Cee non se está vendo demasiado afectado pola concentración de protesta, convocada por algúns grupos do agro en Galicia, polo escaso número de agricultores que, de momento, decidiron participar na tractorada de hoxe na Costa da Morte. Mais o propio Concello de Vimianzo moviliza a Policia Local para mellorar a circulación. Tamén sinalar que moitos conductores da zona, coñecedores das vías secundarias alternativas, poideron sortear con facilidade a vía principal sen ter que pasar polo punto exacto desta manifestación.

INFORMACIÓN DE INTERESE DO CONCELLO DE VIMIANZO

IMPORTANTE: Debido ás mobilizacións do sector do agro, temos que comunicar que hoxe, martes 20 de febreiro, a circulación ao paso por Vimianzo vese afectada desde as 10:00 ata as 17:00 horas segundo unha primeira estimación.

O principal onde se realizarán as reivindicacións será o cruce da  AC-552 coa AC-432 cara Fisterra.

A Policía Local de Vimianzo está a regular o tráfico para que a afectación sexa a mínima posible.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario