Antonio Ameijide pregunta a José Tomé se ten pensado poñer en marcha unha liña de financiamento para sufragar os gastos correntes dos 67 concellos da provincia ou se unicamente é para aqueles municipios gobernados polo PSOE e BNG mantendo ese «municipalismo de amiguetes» que puxo de moda.
Antonio Ameijide sinala que este é un máis dos convenios que se aproban a dedo en xunta de goberno e que unicamente benefician «aos amiguetes» de Tomé, recordando que durante todo o 2023 repartiu 15M€ en 93 para 37 concellos, todos gobernados por PSOE e BNG
· O popular denuncia que PSOE e BNG seguen instalados na política do sectarismo e do uso caciquil dos medios provinciais para, neste caso, ir ao rescate dun socialista que non é capaz de xestionar o concello nin de pagar o combustible dos vehículos e o persoal
· Ameijide sinala que non se trata da primeira vez que a Deputación ten que socorrer a un concello gobernado por socialistas, como fixeron o ano pasado co Concello de Viveiro para que puidesen pagar gastos correntes, «demostrando á neglixencia dos socialistas e nacionalistas cando teñen que xestionar unha administración»