Baixo o lema «Novos retos, máis ganas» a organización socialista moza inicia esta nova etapa con moito entusiasmo porque «para andar en bicicleta primeiro hai que caerse» e pecha filas entorno Besteiro como «o mellor candidato» e «fuxir dun dos erros históricos do PSdeG: queimar candidatos».
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) deron hoxe unha rolda de prensa para valorar uns resultados “non desexados”, pero que non poden ser “a tormenta que tapen o final do camiño. Fixemos un bo traballo como XSG e debemos seguir así”.
Baixo o lema “Novos retos, máis ganas” a organización socialista moza inicia esta nova etapa con moito entusiasmo porque “para andar en bicicleta primeiro hai que caerse” e pecha filas entorno Besteiro como “o mellor candidato e fuxir dun dos erros históricos do PSdeG: queimar candidatos”.
Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, reivindicou “un momento de reconstrución do PSdeG coa participación activa de XSG. As primeiras iniciativas desta lexislatura serán nosas, vimos a traballar e sumar, quen queira lamentos, que vaia á Semana Santa”.
O transporte público que conecte Galicia, a educación 100% pública, o acceso á vivenda…moitas iniciativas que estiveron presentes no programa mozo e que “imos pelexar”.
“Estamos ante unha carreira de fondo, e dentro de 4 anos poderemos lograr ese cambio a mellor, porque quedou claro que só poderá existir da man do PSdeG e non do BNG. Isto acaba de comezar, ábrese unha oportunidade histórica” sinalou ilusionado o líder mozo