Os deputados populares pedirán a implicación de todas as administracións, especialmente do Goberno central, que é quen marca os pasos a nivel europeo, sendo o propio ministro o que vai negociar as necesidades do sector agrario en Europa, que é onde se toman as decisións que obrigaron a este sector a saír á rúa para demandar un trato digno e xusto para eles
· Dende o Grupo Provincial Popular explican que España debe liderar en Europa a esixencia dunha «moratoria inmediata» de toda a normativa cuxa aplicación está causando, como é sabido, graves prexuízos no desenvolvemento normal da actividade agraria, fomentando unha competencia desleal
· Para os populares non basta con prometer que «se reforzará» a Lei da cadea xa que esta norma continuará a ser papel mollado mentres non se habiliten medios para o seu cumprimento efectivo, como os que se propoñen en Galicia: as aplicacións informáticas para o cálculo dos custos de produción como instrumento efectivo para a súa determinación na negociación dos prezos e garantir cláusulas espello nos convenios que asine o Goberno e Europa de cara a impedir a competencia desleal de terceiros países