O orzamento previsto para este ano non alcanza os 200.000 euros e as obras non está previsto que comecen ata o mes de outubro e o prazo de execución é de 38 meses
- Os populares critican «o triunfalismo» exhibido hoxe polo delegado do Goberno, cando «é coñecedor e, por tanto, permitidor» de que o seu presidente «condene» aos lucenses a convivir tres anos coas obras na principal vía de conexión con Ourense e o AVE ao que é imposible achegarse polas fochancas que rebentan rodas, palieres, amortiguadores ou faros
- A mellora da N-540, a única vía que vertebra Lugo con Ourense, pois o Goberno tampouco avanza na construción da A-56, vén sendo obxecto de demanda do PP nos últimos anos no Congreso e no Senado. Mañá o Grupo Provincial tamén exporá no Pleno da Deputación a necesidade de arranxo urxente