Ameijide destaca que «parece que o goberno provincial tomou nota por agora da advertencia do Partido Popular, que vai esixir luces e taquígrafos a toda contratación de PSOE e BNG»
- No novo paso da contratación do servizo Coñece a túa provincia aceptouse a xustificación da oferta considerada primeiramente anormalmente baixa polo que «aparentemente non se contrataría á empresa relacionada co irmán do xefe de gabinete do presidente e fillo dunha concelleira do goberno do PSOE en Monforte»
- O voceiro popular agradece o labor dos funcionarios e pide ao goberno de PSOE e BNG que «non incorran na Deputación de Lugo nos mesmos erros que están poñendo contra as cordas ao presidente do Goberno, entre outros, por meter ás súas familias a xestionar contratacións con administracións nas que teñen responsabilidades de goberno»
- Ameijide cre que «non é moralmente admisible que un familiar próximo a un xefe de gabinete -e incluso tamén a unha concelleira de goberno no municipio onde goberna o presidente da Deputación de Lugo- estea licitando por valor dun millón de euros na institución provincial»