Este 8 de marzo xuntaremonos na nosa vila para berrar que o feminismo, malia a persecución e terxiversación maliciosa de quen pretende aterralo, segue vivo. Xuntaremonos porque non nos deixamos enganar polos logros acadados e non esquecemos todo o que queda por facer para acadar unha vida digna e libre para as mulleres, porque sabemos que NON SEREMOS MULLERES LIBRES MENTRES SIGA HABENDO MULLERES SOMETIDAS.
Este venres saíremos ás 20:00h desde o IES Eduardo Pondal e percorreremos as rúas da nosa vila ata a Praza do Recheo de Ponteceso.
Facemos extensiva esta convocatoria a todalas organizacións e colectivos sociais da contorna, a prol de visibilizar do xeito máis rotundo posíbel o rexeitamento da desigualdade entre homes e mulleres na nosa sociedade.