A Deputación organiza a Ruta BTT dos encoros, que discorre polos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo

por Redacción Deportes

A ruta ciclista percorre os entorno dos encoros das Encrobas, Vilaselín e Beche

A Deputación da Coruña abre desde hoxe o prazo para inscribirse na Marcha de BTT Ruta dos Encoros. A competición, organizada pola institución provincial, terá lugar o sábado 20 de abril, e conta cun percorrido de 62 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas.

A ruta ciclista discorrerá polos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo, tomando como referencia os encoros do lago de Encrobas, Vilaselín e Beche. Trátase dunha ruta circular con saída e chegada no Campo do Roxo, no Concello de Cerceda..

As inscricións xa se poden formalizar a través da páxina web da Deputación da Coruña ata o vindeiro venres, 5 de abril. A participación na proba é de balde e aceptaranse as 200 primeiras solicitudes, incluíndo 10 máis que se manterán nunha lista de garda. Cada persoa participante tan só poderá presentar unha solicitude.

O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, anima a participar nesta carreira, «que discorre por paraxes naturais dunha gran beleza natural como o lago de Encrobas, Vilaselín e Beche» e subliñou que «desde a Deputación da Coruña queremos fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables a través da celebración deste tipo de competicións deportivas».

Inscricións

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario