O Museo Provincial de Lugo recibiu 23 bens culturais a través de doazóns no que vai de ano

por Redacción Lugo

As ultimas incorporacións corresponden a dous cadros do pintor vilalbés López Guntín

O Museo Provincial de Lugo incorporou dous novos cadros do pintor  Xosé López Guntín (Vilalba, 1929-Lugo,1996). Trátase de dous retratos en óleo sobre lenzo de cedidos por particulares que amplían a representación de obras do pintor vilalbés nos fondos do Museo Provincial de Lugo, que conta así con 13 obras da súa autoría, a maioría retratos, un xénero polo que foi especialmente recoñecido e apreciado, mais tamén composicións que representan escenas decostumes e tradicións, particularmente na provincia de Lugo.

A doazón destes dous cadros sitúa en 23 o número total de bens culturais recibidos polo Museo Provincial a través de doazóns no que vai de ano.

O Museo Provincial de Lugo agradece a xenerosidade das persoas e entidades doantes, que amplían os fondos da institución e depositan a súa confianza na súa labor de conservación, estudo e divulgación.

A continuación, detallamos as obras recibidas polo Museo Provincial en 2014:

Belas Artes. mpl:

  • “Samos”, de Leopoldo Nóvoa. Técnica mixta e pizarra. 1993.
  • 15 obras da serie “VOCES”, de Alicia Benítez. Acrílicos e tintas de tea sobre lenzo sen bastidor. 2010 e 2016.
  • “Retrato de D. Antolín Sánchez Vieites”, de López Guntín. Óleo sobre lenzo. 1966.
  • “Retrato de Dª Isidra Vázquez Molezún”, de López Guntín. Óleo sobre lenzo. 1966.

Etnografía e Artes Decorativas. mpl:

  • Unha fiadora de madeira.
  • Tres fusos.
  • Un cardador de liño de madeira e ferro.

Estas 5 pezas etnográficas proceden do Concello de Baralla e están datadas ca. 1ª ½ do s. XX.

Movemento de fondos museográficos

As doazóns supoñen, xunto aos depósitos e as adquisicións,  unha das fontes de ampliación e renovación dos fondos museográficos máis destacadas. En 2023, o Museo Provincial de Lugo incorporou  88 bens culturais, a través de diferentes fórmulas, destacando as dezaseis obras de Tino Grandío depositadas por Rosendo Figueroa Dorrego, que propiciaron a creación dunha sala monográfica sobre o pintor.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario