Arboricidio en Ponteceso

por Óscar de Souto

A noticia dunha “poda municipal de árbores autóctonas” na contorna do río Anllóns, no Concello de Ponteceso, salta á palestra por las publicacións do BNG deste municipio bergantiñán, debido a que levan varios meses pedindo licencias e documentación, en varios plenos, e, aínda que se lle concede acceso a esa información aos nacionalistas, a cidadanía non foi informada da situación.

Fotos BNG

Entre as queixas do BNG por falta de transparencia, tamén acusan ó goberno municipal de “amiguismo” coa empresa que realiza eses labores de tala de arbores de frondosa en humedais paralelos ó centro da vila, “Praza do relleno” e polo paseo do rego das Bouzas, acabado de bautizar como “Paseo das fadas” .
Foto Óscar de Souto

A deforestación da arboreda que se extende dende a biblioteca ata a EDAR (Planta de Tratamiento de augas residuais), pola trastenda da antiga discoteca Teyma, ( zona cortada e despexada de toda vexetación), O «arboricidio» acaba de ser denuciado ante varios organismos oficiais por Ecoloxistas Costa da Morte Atlántica e Verde, hoxe ante Seprona, Augas de Galicia e o propio Concello esta tala de árbores autóctonas no humedal xa mencionado.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario