Derbi en Vista Alegre

por Redacción Deportes

Esta vindeira fin de semana o Calvo Escola Lubiáns desprázase a casa do A.C. Ordes para desputar o primeiro dos dous derbis da segunda volta, Sábado 09/03 as 20:00 no Pavillón Castelao I, fin de semana e encontro moi importante de cara a loita pola permanencia e a afrontar o parón que terá lugar na competición ata o primeiro fin de semana de Abril.

Por outra banda, ademáis teremos 9 partidos de categorías bases o longo da fin de semana, que comeza o Venres 08/03 no Colexio Liceo (21:45) co apartido aprazado do Sénior Maker Store fronte o Deportivo Liceo «B».

O Sábado 09/03 teremos 3 partidos mais, o Micro Bombonera desprázase a Ordes para xogar fronte o A.C. Ordes Ordines (11:30, Pavillón Castelao I), o Benxamín Dental María Gómez fronte o C.H. Oleiros Atalaya (16:15, Pavillón Municipal a Rabadeira Oleiros) e o Prebenxamín Mesón Do Pulpo fronte o C.H. Oleiros Mera (17:45, Pavillón Municipal a Rabadeira Oleiros).

O Domingo 10/03, o Alevín Garaysa fronte o Compañía de María Amarillo no Pavillón Carballo Calero (9:45), e tamén no mesmo Pavillón, o Infantil BigMat Crea fronte o Compañía de María Azul (11:00). Para rematar, a tarde dous novos partidos no Pavillón Carballo Calero, o Xuvenil Shop4Fit fronte o Dominicos «B» (16:30), e o Sénior Maker Store fronte o C.H. Compostela (18:00). No medio de todos estos partidos de locais, o Sub 13 Femenino, o Dolce&Café, desprázase a Santiago de Compostela para xogar fronte o H.C. Raxoi no Pavillón de Vite (12:30).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario