Os populares fanse eco das queixas por estas novas deficiencias, que se suman ao problema de goteiras, e esixen unha solución urxente para garantir o seu uso en perfectas condicións.
- Nin o equipo local nin o visitante do partido de Preferente Autonómica feminina disputado en Vilalba esta fin de semana puideron facer uso das duchas porque non había auga quente nin calefacción
- Os populares cren que «a imaxe que ofrece Vilalba a través das súas instalacións deportivas é deplorable» e, polo tanto, «non é positiva para os nosos equipos que loitan por ascender, nin para o turismo e a hostalería»
- As deficiencias en infraestruturas deportivas esténdese ao pavillón do Ínsua Bermúdez onde a iluminación é nefasta e ao do Mato Vizoso onde «non hai quen abra porque non hai servizo de conserxería a pesar de que o Concello lle paga a unha empresa