Presentouse en Lugo, no Vello Cárcere, o último caderno da súa colección Ideas Impresas. Este novo número está dedicado á historia do movemento LGBT+ organizado en Galiza. Un documento elaborado polos activistas e estudosos Alexandre Garrido e Daniela Ferrández, ámbolos dous militantes do nacionalismo galego investigadores académicos. Os dous son membros desde a súa fundación da Rede Galega de Estudos Queer e do espazo de pensamento crítico galego Clara Corbelhe.
• Alexandre Garrido (A Estrada, 1991) biólogo, antropólogo en formación e doutorando en
Educación na Universidade de Santiago de Compostela, cun proxecto de tese sobre a
reprodución social da LGBTfobia. Foi un dos integrantes do colectivo Queercompostela e
impulsou a fundación de Avante LGBT+, onde, na actualidade, forma parte da Coordinadora
Nacional como Responsábel de organización.
• Daniela Ferrández (Almoradí, Paiís Valencià 1988) doutora en Historia Contemporánea pola
Universidade de Santiago de Compostela (2020), é investigadora posdoutoral no eido da
Historia e a Memoria da disidencia sexual na Galiza contemporánea. En 2022 publicou A
defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea (Xerais), obra que gañou
o Premio Follas Novas de Ensaio en 2023. Nestes anos,desenvolveu diferentes proxectos de
divulgación e recuperación destas memorias. É, desde nova, activista pola recuperación da
memoria antifascista, e, en paralelo, activista trans que ten colaborado con diferentes
asociacións LGBT+ do país.
O caderno explora o mito fundacional do movemento, dando unha lectura crítica e desmitificada
das revoltas que aconteceron aquel xuño do 69 en Nova York, así como a relación entre estes e a
organización de movemento de liberación LGBT+ ao redor do planeta.
Ademais analiza o contexto histórico, político e social en que a Galiza dos anos 70 recibiu estes
ecos e como as activistas beberon de múltiples fontes e teceron alianzas para sacar adiante as
primeiras mobilizacións. A través da obra ollaremos como unha serie de organizacións naceron,
forxaron lazos, racharon, desapareceron e deron paso a novos grupos que continuaron a loita ao
longo das décadas seguintes.
O caderno recorda o impacto que a pandemia da SIDA tivo sobre o colectivo, a capacidade para
organizarse e a necesidade de repensar estratexias e prioridades naqueles anos de ‘transición’, de
saída da clandestinidade do nacionalismo galego e de emerxencia dos movementos feministas,
ecoloxistas e estudantís.
Nas últimas seccións, analiza sobre a viraxe política que supuxeron as loitas pola Lei de
Matrimonio Igualitario e a Lei de Cambio de Nome e Sexo xa no novo milenio, do papel que
desempeñaron as institucións na construción dun novo marco legal e social e sobre que podemos
aprender destas transformacións en retrospectiva.
Na presentación participará a secretaria da Fundación Galiza Sempre, Lucía Veciño, un dos seus
autores, Alexandre Garrido e Marco A. Álvarez, membro de Avante LGBT+ de Lugo, entidade que
colabora na difusión do caderno e da actividade.
A Fundación Galiza Sempre presentou en Lugo o caderno Aturuxos de liberdade: historia do movemento lgbt+organizado na Galiza
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario