Rozas acusa ao BNG de “hipocresía” por reivindicar investimentos no tren que “eles mesmos non lograron pese ao seu reiterado apoio a Sánchez”

por Redacción Lugo

“Resulta ridículo que o BNG pida orzamentos para infraestruturas para Lugo, o mesmo día que se anuncia que non os vai haber o que evidencia o distanciamento entre nacionalistas e socialistas”

O vicevoceiro popular explicou que o BNG perdeu unha oportunidade de apoiar os orzamento, que si tiñan partidas para o tren, e que tampouco foi quen de negociar con Sánchez estes investimentos cando o fixeron Presidente do Goberno de España.

Rozas acusounos tamén de falta de coherencia “teñen que ter claro que camiño escollen o da reclamación ou o do apoio a Sánchez, aquí non valen as medias tintas, estanse facendo oposición a eles mesmos e bloqueando e discriminando á provincia de Lugo”.

Para os populares os nacionalistas nin saben defender a Lugo, nin teñen memoria do que fixo o seu grupo “levan apoiando a Sánchez dende a súa investidura e este os ningunea sen recoller sistemáticamente as súas propostas”

Enrique Rozas concluía que “roldas de prensa como as de onte só lle valen para intentar lavar a conciencia, porque saben que son un dos grupos políticos que co seu apoio contribúen a que a nosa provincia siga sendo a peor comunicada de toda España”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario