Rubén Arroxo: «Melloramos a banda de rodadura do Carril das Hortas con asfalto en quente, e nos últimos días aplicouse saburra en distintos accesos da Campiña e no Camiño das Lagoas»
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o Carril das Hortas, onde nos últimos días se renovou o a capa de rodadura do vial con asfalto en quente. O Tenente Alcalde explicou que «continuamos a atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas».
O Goberno de Lugo actuou tamén en viais da Campiña e do Camiño das Lagoas, dando continuidade ao esofrzo que a concellería de Infraestruturas realizou nos últimos anos para atender ás distintas zonas periurbanas de Lugo, e explicou que «zonas como a Campiña recibiron nestes anos unha serie de investimentos importantes que melloraron enormemente a calidade de vida da veciñanza, con actuacións tanto nas rúas e beirarrúas como renovando o alumeado público».
A solución executada pola Concellería de Infraestruturas no Carril das Hortas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. Na Campiña e no Camiño das Lagoas aplicouse saburra, o que permitirá garantir a uniformidade en todo o vial.
Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, «xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar».