O PP propón retirar a valla perimetral do auditorio de Magoi unha vez que o goberno local recoñece que está listo para abrir

por Redacción Lugo

A concelleira popular Silvia Colmenero explica que “deste xeito se gañarían espazos públicos para a veciñanza do barrio”

  • “Mentres non podemos disfrutar do seu interior pedimos quese abra todo o espazo  que rodea o recinto do auditorio para que os lucenses gañen zonas de esparcemento para uso público”
  • A concelleira popular presenta un rogo á Comisión sobre esta cuestión logo da afirmación da alcaldesa, no pleno de decembro, na que ratificaba que a dotación estaba preparada para a súa apertura
  • Neste momento a valla, en estado precario nalgúns puntos, provoca unha sensación de abandono xa que hai tramos en mal estado e con oxido e dado que en días pasados tamén se procedeu á limpeza da maleza non hai ningún motivo que impida que se leve a cabo esta petición.
  • A concelleira popular tamén reclamou información sobre si ten o Concello rexistradas as instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial, tales como a baixa tensión, os aparellos de elevación e a protección activa contra incendios do novo auditorio.

46 MESES EN MANS DO CONCELLO

  • Para os populares “é preocupante que vaiamos camiño dos 46 meses dende que PSOE e BNG, son os propietarios do auditorio de Magoi, sen que ningún dos dous partidos se pronuncien sobre cal vai ser o modelo de xestión e o seu contido”
  • Silvia Colmenero tamén recriminou que o goberno local siga sen responder á petición que o Grupo Popular cursou ata en tres ocasións para acceder ao edificio con data do 10 de xaneiro, 14 e febreiro e o de 4 de marzo. Precisamente esta semana os populares presentaban unha queixa ante a Valedora do Pobo polas dificultades que PSOE e BNG lles está a poñer á hora de fiscalizar as accións que fai o goberno.
  • “Fixéron a foto da vergoña intentando maquillar a súa falta de traballo cunha visita ao auditorio pero a única realidade é que os lucenses non saben cando se póra en marcha esta dotación”
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario