Avance de preguntas e rogos para a comisións municipais da vindeira semana «a maioría das cuestións que presenta o Grupo Municipal corresponden a problemas mínimos de falta de mantemento»
Nas Comisións de Transición Ecolóxica e Impulso Rural pedimos unha solución aos problemas de inundacións do boulevar da Avenida Fontiñas onde a auga apoza e dificulta o paseo dos peóns por esta zona.
· Tamén se solicitan traballos de limpeza dun vertedoiro incontrolado nun solar que hai na Rúa Barbeito no polígono das Gándaras; e adecentar un solar municipal que hai na Croa.
· Para a zona rural figuran varias peticións (FOTO): o arranxo das fochancas da pista que vai ao lavadoiro de Calde; así como a vía que pasa por Amieiro e Fonte do Mouro; facer o rameo do acceso a Novafrigsa no cruce da estrada de Coeses e Soñar.
· As instalacións para os máis pequenos da casa tamén teñen o seu espazo: solicitamos a cobertura dun dos parques infantís da Fonte dos Ranchos e o arranxo do parque da rúa Primavera con Carril das Frores así como a limpeza do parque infantil de A Croa
· Na comisión de Cultura, preguntamos pola falta de mantemento dos aparcamentos para persoas con discapacidade xa que moitas delas están practicamente borradas.
· Volvemos a requerir información sobre as filtracións das ventás arqueolóxicas da rúa Doutor Castro e da vitrina da Casa dos Mosaicos que está sen luz o que obriga a que os visitantes teñan que iluminar cos seus móviles para ver o seu contido.
· A veciñanza da Serra Gañidoira reclama a limpeza do verdín e arranxo do pavimento; en rúa da Herba limpeza e reposición e limpeza dos bancos. Asemesmo solicítase a reposición de tapas nas arquetas de servizo da rúa Balteira;
· Para a Comisión de Contas preguntamos sobre cando está previsto que se habiliten as 40 prazas que o goberno local prometeu crear na Rúa Poeta Noriega Varela; queremos información do borrador da Ordenanza de Circulación; tamén reclamamos información sobre si ten o concello rexistradas as instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial, tales como a baixa tensión, os aparellos de elevación e a protección activa contra incendios do novo auditorio.
· Na Comisión de Dinamización Económica insistimos en que, dado que nos orzamentos para 2024 non hai consignación económica para solucionar os problemas de insuficientes instalacións, o goberno local debería reconsiderar poñer en práctica o acordo da FEGAMP para utilizar instalacións deportivas dos colexios por parte dos distintos clubes e asociacións deportivas. Tamén reiteramos a petición de que na piscina exterior de Frigsa coloquen un dispositivo para permitir o baño a persoas .
Foto portada: Vial de Calde