Unha vez máis, as xogadoras tiveron que ir desputar a súa xornada de Liga como equipo local ao polideportivo de Taboada despois de que os colexiados suspenderan o partido na pista de Monterroso polo seu estado.
Non é un feito illado xa que teñen problemas tamén para os adestramentos semanais. Urxe unha solución para o que queda de tempada e tamen para o futuro do equipo nas próximas tempadas.
Recordar que esta problemática non é algo novo, isto xa vén pasando desde fai catro anos, cando o equipo senior feminino, que militaba na liga autonómica, concretamente a nivel Galicia, tivo que dicir adeus ao fútbol sala por non ter unhas instalacións decentes onde xogar, véndose obrigadas a renunciar a xogar no equipo do seu pobo.
O club ten en mente seguir co proxecto e tamén solicitou milloras nas instalacións , sen éxito ningún.
A día de hoxe varios rapaces da vila tamén teñen pretensións de xogar pero vendo o panorama xa nin o intentan.
Todos/as sentimos rabia, sentimos vergoña, e sentimos tristeza.
O crecemento do deporte depende moito do impulso que se lle dea e das ganas de darllo pero, como mínimo, dunhas condicións básicas e dignas polas que, se non nolas dan, loitaremos por elas, para que non pase o que xa pasou fai anos.
#queremosxogarnonosopobo