CCOO lembra que as entidades bancarias están batendo marcas históricas de beneficios ao tempo que a carga de traballo e a presión laboral non paran de aumentar
Mañá venres ten lugar unha nova xornada de folga do sector bancario. Tras a histórica xornada de folga conxunta do pasado 26 de febreiro en todo o ámbito financeiro, logrouse un acordo no sector do aforro, pero a patronal da banca mantense na mesma postura inmobilista, denuncia CCOO.
CCOO insta as cúpulas directivas do sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal. Neste sentido, o sindicato lembra que o beneficio xerado por cada persoa traballadora no sector financeiro en España pasou de 86 045 a 155 172 euros en só dous anos.
Comisións reclama reducir a carga laboral e a presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.
Concentracións en Galicia (de 11 a 12 horas)
— A Coruña: oficina do BBVA (Cantón Pequeno, 18)
— Lugo: oficina do Banco Santander (rúa de San Marcos, 3)
— Ourense: oficina do BBVA (rúa do Paseo, 18)
— Vigo: oficina do Banco Santander (rúa de Policarpo Sanz, 44)