Alcalde de Ponteceso: «Eu non estou aquí sen cobrar. Claro que cobro, se non cobro non veño.» (Vídeo)

por Óscar de Souto

As augas en Ponteceso baixan turbias, o PSOE colgou no seu Facebook unhas respostas moi substanciosas, onde o Alcalde José Manuel Mato Martínez (PP) dicindo que se non cobraba, que non iría ao Concello. A política é un servizo ao cidadán, ou iso supoñíase en Ponteceso. A teor das súas palabras, o Alcalde quere converter a súa entrega desinteresada ao cidadán, nun choio con soldo a fin de mes.

Moi pouco afortunadas as palabras do Alcalde, os socialistas foron hábiles, provocando que, José Manuel Mato perdera a compostura, é obvio, que no enfado, é cando se din as verdades. O que mostra o vídeo, supoño que polo significado que poida ter politicamente, que os socialistas, simplemente non tiren a pedra e escondan a man, deberán actuar con contundencia ante tal aseveración, aínda que o exemplo do alcalde anterior, socialista, non é o espello no cal debe mirarse un xestor municipal.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario