«O obxectivo destas xornadas é promover unha contratación pública máis áxil e eficaz; máis cercana á cidadanía» apunta o deputado Xosé L. Penas
O Teatro Colón acollerá o 1 e o 2 de abril o «II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible», organizado pola Deputación da Coruña, «co obxectivo de promover unha contratación pública máis axil e eficaz, mais cercana á cidadanía», apuntou o deputado, Xosé Lois Penas, «nunhas xornadas que reúnen a profesionais de referencia, tanto do sector público como do privado».
Dirixido polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Lois Penas, e coordinado polo xefe do servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez Fernández, este congreso servirá de punto de encontro entre administracións públicas, o tecido empresarial e social e a cidadanía. «A colaboración público privada é fundamental para calquera sociedade, e por iso nos empezamos en que todos os axentes formen parte deste congreso», sinala Penas, «tendo en conta tamén, por suposto, o aspecto social da contratación pública».
Neste sentido, a igualdade será un eixo transversal na programación de todo o congreso, que abordará tamén outras temáticas como o medioambiente, a diversidade funcional e o urbanismo social, e que contará tamén coa participación de centros especiais de emprego e entidades do terceiro sector. «A contratación pública debe ter en conta ao conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade en tódolos sentidos, e tamén outras cuestións sociais como o respeto medioambiental».
Ademáis, o día 1 de abril ás 19:30h haberá un concerto de piano e violonchelo aberto ao todo o público, da man de KEILIN & VILARIÑO.
O «II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible» aspira a ser «o mellor congreso de contratación de todo o estado deste ano», afirmou o deputado, e tratará, en definitiva, de «permitir que as empresas sexan o motor da economía da provincia, ofrecéndolles as ferramentas adecuadas e implementando unhas políticas públicas máis áxiles, sociais, dinámicas e igualitarias en todos os procesos».
O programa completo do congreso pode consultarse neste enlace.