Casting para rapazas galegofalantes na Costa da Morte

por Jose Petalos Caranza

Este proxecto é unha longametraxe que se vai rodar no mes de outubro de 2024, por varios concellos da Costa da Morte, a produtora Setembro Cine.

É unha empresa española independente que produce e coproduce películas que nunca se esquecen. A dirección corre a cargo Sandra Sánchez, de Narón, (A Coruña).
Están na procura de dúas rapazas galegofalantes que terán, sobre todo unha, un papel protagónico.
Titúlase “A Nadadora”. Buscan unha rapaza galegofalante de entre 16 e 20 anos. Se cumpres os requisitos e queres anotarte ao casting da produtora, Setembro Cine para a película que rodará proximamente na Costa da Morte, faino cubrindo este formulario.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario