A Xunta de Galicia colabora co Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que este ano cumpre 25 anos. A asociación Bola Meiga organiza o torneo, que se celebra mañá – xoves 28 de marzo -, o venres 29 e o sábado 30.
O xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Gerardo Criado, participou hoxe na presentación do campionato. Felicitou á organización polo seu traballo para consolidar esta cita, da que destacou o seu impacto económico e a proxección que supón para Rábade e para a provincia de Lugo a nivel nacional.