Anuncia unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos e o crecemento económico.
Tal e como sinalou o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o obxectivo é despregar unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos de Galicia e co obxectivo de reivindicar e poñer en valor o traballo do Parlamento como Cámara de representación de tódolos galegos e galegas.
As parlamentarias e parlamentarios socialistas afrontan unha nova etapa centrada na presentación de propostas alternativas solventes ao goberno do PP pero mantendo o ánimo fiscalizador da actividade da Xunta de Galicia e na atención aos problemas reais dos galegos e das galegas. Os socialistas galegos anunciaron unha oposición en positivo, ademais de responsable e vixilante “para que a Xunta eleve o nivel” e afastada da liña “irresponsable e destrutiva” do PP en Madrid.
Gómez Besteiro sinalou esta mesma semana que o PSdeG traballará dende o primeiro momento na Cámara autonómica para acadar o crecemento económico de Galicia con máis emprego de calidade. O obxectivo é acadar máis dereitos para os galegos e galegas e a blindaxe duns servizos públicos -Sanidade, Educación ou Dependencia- de calidade como garantía para rematar coas diferenzas entre galegos de primeira e de segunda.
Os socialistas galegos comprométense a elevar a voz fronte a unha “mala xestión que poña en perigo o futuro de Galicia”, e que logo de 15 anos de gobernos do PP situaron a Galicia á cola dun Estado que está a medrar cinco veces máis que o entorno europeo.
O propio Besteiro trasladou a súa preocupación por un mercado laboral galego estancado mentres España crea 4 de cada 10 novos postos de traballo en Europa, cun sistema público lastrado por unha xestión que triplicou a débeda pública no sentido contrario ao seu descenso no conxunto do Estado.
Reparto por Áreas
Comisión 1ª
Paloma Castro: Política Exterior, Emigración, Interior, Xustiza, Cooperación e Deportes
Patricia Iglesias: Calidade Democrática e Transparencia
Julio Abalde: Administración Pública e Administración Local
Comisión 2ª
Carlos López Font: Infraestruturas, Transporte, Ordenación do Territorio e Vivenda
Paloma Castro: Medio Ambiente
Comisión 3ª
Patricia Iglesias: Economía e Facenda
Elena Espinosa: Orzamentos
Comisión 4ª
Silvia Longueira: Cultura e Lingua
Julio Abalde: Educación e Universidades
Comisión 5ª
Elena Espinosa: Sanidade
Silvia Longueira: Política Social, Mocidade, Voluntariado e LGTBI
Carmen R. Dacosta: Emprego e Igualdade
Comisión 6ª
Patricia Iglesias: Industria e Enerxía
Lara Méndez: Comercio, Turismo e I+D+i
Comisión 7ª
Carmen Rodríguez Dacosta: Montes
Lara Méndez: Agricultura e Gandería
Comisión 8ª
Julio Abalde: Pesca
Marisqueo: Carlos López Font
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE