Unha cita que reúne a centos de persoas para a exaltación dos viños das máis dunha ducia de adegas que participan nesta edición. Castro salientou a calidade e a riqueza vitivinícola da comarca e salientou o compromiso da institución provincial co evento, ao que destina preto de 35.000€ a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.