O Partido Popular de Lugo defenderá no pleno desta tarde 12 iniciativas

por Redacción Lugo

5 PROPOSICIÓNS PARA …

Agardamos que o goberno local apoie sen fisuras a iniciativa que presentamos para avanzar no Plan Paradai. A execución do proxecto da glorieta de Serra de Meira que veñen de aprobar en xunta de goberno certifica que era o Concello quen bloqueaba esta obra e, por tanto, impedía á Xunta avanzar. O que pediremos esta tarde é que tanto Concello como CHMS axilicen os trámites de licitación e de execución desta infraestructura. A veciñanza merece que se acabe esta infraestructura que suporá un revulsivo para a zona.

Iniciar o proceso de creación dun convenio colectivo propio para as persoas que se ocupan da limpeza nos edificios do concello . A proposta do Partido Popular chega logo de que o sector, tras 130 días de folga, acadase un acordo do convenio provincial coa patronal “unha vez dado este paso cremos que é de xustiza que o Concello, cos mecanismos ao seu alcance, den exemplo e fagan un convenio propio para as súas traballadoras ao igual que outras administración. Esta iniciativa é froito das reunións con representantes dos traballadores e conta co respaldo das centrais sindicais de UGT, CC.OO e CIG

Habilitar un APARCAMENTO público seguro para 150 CAMIÓNS no POLÍGONO DAS GÁNDARAS. Esta iniciativa, que conta co respaldo do sector, ten por obxecto acondicionar unha parcela de 20.000 m2 que é propiedade do concello, e dotala con peche perimetral, vixilancia e servizos  destinados aos camioneiros e caminoneiras profesionais. Propoñemos que Concello, Deputación e Xunta impulsen esta nova dotación no polígono e que os transportistas xestionen o espazo.

Esta instalación formaría parte dunha rede autonómica e ten por obxectivo “mellorar a seguridade e as condicións laborais dos transportistas cun matiz innovador que é atraer a máis mujeres ao sector do transporte, tradicionalmente masculinizado”.

Axilizar a tramitación das axudas para REHABILITAR inmobles no CASCO HISTÓRICO optando ás axudas do programa do Entorno Residencial de Rehabilitación Programada. Os populares alertan que se podería perder 1M€ de fondos europeos para facer melloras enerxéticas en 57 inmobles do centro xa que hai que xusticar as obras en decembro e, a estas alturas, nin están as bases redactadas para que as persoas interesadas opten a estas achegas.

PREGUNTAS PARA SABER …

Cal vai ser uso que se lle vai dar á parcela situada no barrio do Castiñeiro logo de consensuar coa veciñanza que nese espazo non se vai construír vivenda pública.

Solicitamos información do estado de tramitación das licenzas nº18 e 22 da rúa Catedral : a Xunta de Galicia agarda dende marzo do 2023, a que o Concello responda á petición para rehabilitar nº18 e o 22 da rúa Catedral.

Cando se vai abrir e poñer en marcha o Parque Infantil de tráfico López Mella. As instalacións levan 15 meses pechadas porque o goberno local non foi capaz de  cubrir a vacante do encargado que se xubilou en 2022.

Insistimos na necesidade de que se ofreza unha atención presencial no departamento de urbanismo. A pregunta que se formula ao goberno local é para averiguar cales son os motivos polos que tendo 7 técnicos superiores no servizo, non se proporciona unha atención presencia áxil e suficiente aos técnicos e empresas interesadas en desenvolver un proxecto urbanístico en Lugo.

ROGOS PARA QUE  …

Arranxar as deficiencias da Praza de Abastos e, entre outras cuestións, propoñemos recuperar o espazo infantil e o servizo de compra on line. Tamén reclama que se melloren outras deficiencias relacionadas coa falta de mantemento destas instalación buscando solucións que melloren as condicións para comerciantes e clientes

Outro espazo que require dun mellor mantemento é o Parque de Rosalía de Castro e, neste caso, reclamamos o arranxo dunha das columnas do mirador que está moi deteriorada, reposición de árboles en mal estado e mellora da limpeza do mobiliario.

Implementar medidas para identificar vehículos da veciñanza da Calzada da Ponte para que poidan estacionar; solucionar problemas de drenaxe e eliminar cableado das fachadas

Tamén instamos ao arranxo de varias arquetas da Rúa María Barbeito, no polígono das Gándaras, que están se tapa e suponen un perigo para os peóns.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario